sourCEntral - mobile manpages

pdf

WESNOTHD

NOME

wesnothd − Daemon de rede multixogador de Battle for Wesnoth

SINOPSE

wesnothd [−dv] [−c ruta] [−p porto] [−t número] [−T número]
wesnothd −V

DESCRICIÓN

Administra partidas multixogador de Battle for Wesnoth. Consulte http://www.wesnoth.org/wiki/ServerAdministration para ver os comandos que acepta o servidor a través do cliente wesnoth ou do socket.

OPCIÓNS

−c ruta, −−config ruta

dille a wesnothd onde atopar o ficheiro de configuración a usar. Consulte embaixo a sección CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR para ver a sintaxe. Pódese recargar a configuración enviando SIGHUP ó proceso do servidor.

−d, −−daemon

executa wesnothd coma un daemon.

−h, −−help

diche que fan as opcións de liña de comandos.

−−log−nivel=dominio1,dominio2,...

establece o nivel de severidade dos dominios de log. Pode usarse all para referirse a calquera dominio de log. Niveis dispoñibles: errorwarninginfodebug. Por defecto úsase o nivel error e o nivel info para o dominio server.

−p porto, −−port porto

asocia o servidor ó porto especificado. Se non se especifica un porto, hase usar o porto 15000.

−t número, −−threads número

define o número máximo de fíos efectivos en espera para a entrada/saída de rede a n (por defecto: 5, max: 30).

−T número, −−max−threads número

define o número máximo de fíos efectivos que se van crear. Se o define a 0 non terá limite (por defecto: 0).

−V, −−version

amosa o número de versión e sae.

−v, −−verbose

activa o rexistro da depuración.

CONFIGURACIÓN DO SERVIDOR

A sintaxe xeral é:
[etiqueta]

clave="valor"

clave="valor,valor,..."

[/etiqueta]

Claves globais:
connections_allowed

O número de conexións permitidas dende o mesmo IP. 0 significa infinitas. (por defecto: 5)

disallow_names

Nomes/alcumes que non acepta o servidor. Sopórtanse ‘*’ e ‘?’ coma comodíns para patróns. Consulte glob(7) para obter máis detalles. Os valores predeterminados (que se usan se non se especifica ningún outro) son: *admin*,*admln*,*server*,ai,ai?,computer,human,network,player.

max_messages

O número de mensaxes permitidas en messages_time_period. (por defecto: 4)

messages_time_period

O periodo de tempo (en segundos) que se usa para detectar unha inundación de mensaxes. (por defecto: 10 segundos)

motd

A mensaxe do día.

passwd

O contrasinal que se usa para obter privilexios de administrador. Normalmente comeza por ‘admin ’.

versions_accepted

Unha lista separada por comas de cadeas de versión aceptadas polo servidor. Sopórtanse os comodíns de patróns ‘*’ e ‘?’. (por defecto é a versión de wesnoth correspondente)
Exemplo: versions_accepted="*" acepta calquera cadea de versión.

Etiquetas globais:
[redirect]
Unha etiqueta para especificar un servidor ó que redirixir certas versións do cliente.

host

O enderezo do servidor ó que se redirixe.

port

O porto ó que se conectar.

version

Unha lista separada por comas de versións a redirixir. Compórtase do mesmo xeito ca versions_accepted no referente ós comodíns de patróns.

[proxy] Unha etiqueta para dicirlle ó servidor que actúe coma un proxy e redirixa as solicitudes dos clientes conectados ó servidor especificado. Acepta as mesmas claves ca [redirect].

AUTOR

Escrito por David White <davidnwhite AT verizon DOT net>. Editado por Nils Kneuper <crazy−ivanovic AT gmx DOT net>, ott <ott AT gaon DOT net> e Soliton <soliton DOT de AT gmail DOT com>. Esta páxina de manual escribiuna orixinalmente Cyril Bouthors <cyril AT bouthors DOT org>.
Visite o sitio oficial: http://www.wesnoth.org/

COPYRIGHT

Copyright © 2003−2007 David White <davidnwhite AT verizon DOT net>
Isto é Software Libre; este software está licenciado baixo a GPL versión 2, tal e como foi publicada pola Free Software Foundation. Non existe NINGUNHA garantía; nin sequera para o SEU USO COMERCIAL ou ADECUACIÓN PARA UN PROPÓSITO PARTICULAR.

CONSULTE TAMÉN

wesnoth(6), wesnoth_editor(6)

pdf